viernes, 20 de mayo de 2011

A BOA SORTE

O conto trata duns vellos amigos que se volven a reencontrar despois de moitos anos, Víctor dille ao seu amigo David que foi da súa vida tras tantos anos separados, xa que a familia de David se foi porque herdou unha fortuna grande e unha empresa. Pero co paso do tempo a empresa de David quebrou, e el quedou na ruína. Despois Víctor contoulle que a el lle fora moi ben. El creou unha empresa de bolsos, viaxou a todos os lugares do mundo para saber cal era o bolso que lle gustaba máis a cada persoa. Despois de falar un bo anaco, Víctor quíxolle contar unha historia que lle contara o seu avó. Cando llo acabou de contar, David quedou moi pensativo e deuse conta de que a sorte non sempre estaba ahí, as veces tes que loitar para poder conseguila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario