O conto trata dun mestre que lle quería ensinar a un dos seus discípulos que algunhas persoas viven atadas a vida da mediocridade.
Un día cando ían camiñando pararon xusto diante dunha casa que eles consideraban que era a máis humilde. Alí vivía unha familia e tiñan unha vaca que estaba moi fraca.
Pasaron a noite alí no medio de toda a basura, ao seguinte día pola mañá, o mestre dixolle ao seu discípulo que xa era hora de aprender a lección que viña aprender, entón o mestre matoulles a vaca que tiñan e o discípulo non puido facer nada para evitalo, e logo el preguntoulle que por qué fixera iso pero o mestre non lle contestou e continuou camiñando.
O discípulo sempre pensaba que aquela familia sen a vaca ía morrer de fame.
Curiosamente despois dun ano o discípulo e o mestre foron ata a casa que antes era humilde, porque agora no lugar daquela casa vella e case caendo había unha casa moi grande e moi bonita, o rapaz ao ver que aquela non era a casa de fai un ano empezou a pensar que lle pasaría a aquela familia, logo petou á porta e abriulle o home da casa e contoulle toda a historia, logo díxolle que a vaca que tiña era tan só algo que o ataba e non lle deixaba crecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario